Entrevista aos fundadores da Horda .
Boas antes de nada felicitarvos por ese fondo de animacion que creaches, e moitas grazas por atender as nosas preguntas :
1- Cando foi a primeira vez , que pensaches en crear a Horda ?
Pois a Horda fundouse ala polo nadal do 2007, no encontro da seleçom galega ante Camerun en Vigo. Ese dia nos xuntamos un grupo de mozos e acudimos o partido de forma un pouco mais distinta a como ibamos normalmente, ali en Balaidos cadramos o lado das antigas Briadas Azuis do Cire Melide e xuntos animamos a seleçom. Decir que Horda Pontarean era o nome que tiñamos na rua esa pandilla de rapaces que ali acudimos, e cando os Brigadas nos preguntamos se eramos unha peña ou algo lle contestamos con ese nome. Case todos ali presentes xogabamos ou xogamos no Cultural Areas en categorias inferiores, e foi cando comezamos esa tempada a acompañala nosa equipa de forma diferente, e decir foi cando naceu a Horda Pontrean como grupo da Cultural Areas.
2 - Dentro do marco politico , cal é a vosa ideoloxia ?
Pois con duas palabras se resume rapido, Cultural Areas a morte e antifascistas.
3 - Cal foi o mellor momento que viviches ao mando (millor coa Horda) da Horda ?
Pois a verdade e que hai moitos, como nom olvidar o ano do ascenso a terceira, ou o partido en que ascendimos en Pontellas (O Porriño). Tamen o ano pasado no primeiro ano pola terceira galega oubo vos momentos, como os partidos na casa ante o Ourense, Deportivo B ou Coruxo, onde xuntamos entorno 50 siareiros no noso fondo. Tamen os desplazamentos como nom a Ourense (que foi incrible o bo trato recibido) ou a Verin, ondes nos tocou en pleno entroido desa localidade.
4 - E o peor ?
O pior recordo que temos todos foi o ano pasado ante o Deportivo B na casa, onde nos roubaron o partido e despois na rua esperando o arbitro nos asaltaron os madeiros e lles cairon tres multas a tres membros soamente por estar ali esperando, pois nom se agrediu a nadie nim se rompeu nada. Ese é o que pior esta na nosa memoria, ainda que abra algun mais ese foi o que mais nos doeu, aparte de empezar hai as malas relacions cos madeiros.
5 - Cales son as vosas amizades , cos demais grupos Hooligans ?
Pois claramente a millor que temos e cos amigos de Ourense, cos cales temos unha boa amistade e o pasamos moi bem cando xogan as nosas equipas. Logo hai mais pero xa mais bem persoais, sobre todo con Celtarras, algunha coa Furya Granate...
6- É as vosas enemizades ?
Con grupos polo de agora ainda nom coincidimos con ningun hostil, pero esta claro que trataremos como nos traten e responderemos se algun acercase a Lomba de forma hostil. Tamen decir que os equipos de rivalidade da Cultural coma o Xuvenil de Ponteareas nom teñen grupos. Logo en plan afeccions si tivemos aluns roces e ata algo mais en campos coma o do Vilalonga, Somozas ou As Pontes, sobre todo nos viaxes con poucos membros do grupo (5 ou 6), pois moitas afeccions locais nom miran nosa forma de animar con bos ollos.
7 - Se tiveras que elixir unha tempada cal elexirias ? e porque ?
O ano pasado no primeiro ano na terceira, pois pola ilusion que habia de manternos na categoria nova e a resposta da xente ese ano, a Lomba rondaba sempre os 800 espectadores e nos soiamos xuntarnos 30 detras da porteria animano todo o encontro. Este ano por exemplo xa nom acuden tanta xente o campo nim tantos simpatizantes a nos.
8 - Moitos membros da Horda estan esperando material , para cando está previsto o lanzamento de algun producto " made in ponteareas " ?
Jeje esa e unha boa pregunta... moi pronto esperemos, e unha conta pendente que temos dende hai 3 anos, o do material, pero esperamos num curto plazo xa ter algo, pois xa temos falado unhas camisolas.
9 - Vos como calquer grupo hooligan facedes viaxes , recordas algunha anecdota ou bo recordo de algun deses viaxes ?
Moitas anecdotas e recordo, mais eu creo que cda viaxe e unha anecdota e recordo. Vos recordos o do ano pasado en Ourense co borracheira cos Ouligans, ou en verin onde aprobetamos que era ali enroido e pasamos o fim de seana enteiro esmorgando ali...
En canto anecdotas tamen moitas, como nas Somozas o ano pasado, onde rifamos co presidete-alcalde de ali e case nos vota a garda civil nom so do campo, senon case da localidade, logo voltamos ata Ponteareas co coche averiado e nom pasabamos de 80 Km/h recorrendo asi case 300 Km.
Tamen este ano en As Pontes chegamos cunha borrcheira xeneral e entramos no campo cun barriliño de 5 litros de viño, despois na bancada o final do encontro entre tensions que habia dende o comezo saltounos media grada a chepa, nom pasou de uns cantos paraguzos e golpes a ambos bandos, pero a anecdota e moi recordada ainda hoxe entre nos pois alguns nise acordan case da cogorza ue levaban...
10 - Para finalizar , cal é o voso trato co clube , no ámbito deportivo , a hora de axudar a bancada ?
Pois hai moi bo rollo entre grupo e clube, noso clube e moi modesto, o mais modesto da terceira poise dunha aldea de 800 habitantes como e Areas, polo que todos nos coñeceos e eles tentan axudarnos no que poden igual que nos a eles.
Moitas grazas por responder as nosas preguntas , larga vida a Horda , e larga vida a Cultural Areas.