miércoles, 7 de mayo de 2014

BRIGADAS LUCENSES







Alá polo verán do 2001, co C.D.Lugo recén salvado do descenso a 3ª nunha agónica última xornada (2-0 ante o San Sebastián de los Reyes), un grupo de 5 ou 6 rapaces de 14-15 anos proponse montar un grupo de animación que lle dera ambiente ó Anxo Carro. Nos primeiros partidos o número de Brigadas non sobrepasaba os 6 ou 7 membros, e incluso pensouse en abandonar, pero nun Lugo – Compostela comezou a aparecer xente nova e con ganas que deron o primeiro impulso importante ó grupo. O equipo logrou a salvación sen excesivos problemas e na grada comezou a xestarse o que se viviría o ano seguinte. Esa temporada 2002-2003, pese ó descenso de categoría, viu o espectacular crecemento das Brigadas Lucenses, xuntándose en varios partidos preto de 50 persoas animando, e viaxando a mult

itude de campos, incluídos algúns máis ou menos lonxanos como Ávila.

Chegaron os duros anos de 3ª, o grupo resiste con forza os primeiros meses pero a mala situación clasificatoria do equipo, que finalmente queda fora de postos de playoff, unido a varios factores máis, fai que bastante xente vaia abandonando o fondo e que queden só 10 ou 12 integrantes. Por fin, na 2004-2005, tras moitos partidos de sufrimento, chega a soñada fase de ascenso a 2ªB, e aínda que non se logra o obxetivo de subir de categoría trala goleada encaixada en Valladolid (4-1), son bos momentos para as Brigadas, nos que se sae da monotonía dos partidos co Anxo Carro deserto (600-700 persoas en moitos encontros) e das viaxes polas provincias galegas.
Na 2005-2006 a directiva actual, na súa segunda tempada, conforma un inesquecible equipo (Cuéllar, Dani Carril, Pablo Rodríguez, etc) que devolve por fin ó C.D.Lugo á 2ªB, cun dos días máis gloriosos da historia das Brigadas vivido en Segovia, con 30 siareiros desplazados xunto a varios centenares máis de lugueses. Un gol de Rafa no desconto pechaba o retorno do Lugo á categoría que nunca debera perder, facendo que ese día quede grabado nas mentes e nos corazóns de tódolos alí presentes. Por fin había algo que celebrar.
O primero ano de retorno á 2ªB trae unha temporada moi boa, tanto no deportivo (boa clasificación ligueira, subcampionato de Copa Xunta tras perder na final ante o Celta e bo papel na Copa do Rei, eliminados polo Rayo Vallecano en penaltys) coma na grada. As Brigadas mantéñense como foco de animación no Anxo Carro e pouco a pouco vaise esquecendo o inferno de 3ª.


Os anos foron pasando, e tras multitude de recordos (uns bos e outros tristes, sobre todo o Lugo – Fuerteventura na que o equipo queda fora dos playoffs de ascenso na última xornada dependendo de si mesmo) e varios anos nos que apenas entra xente nova nas Brigadas, o grupo está a piques de desaparecer na temporada 2010-2011, a do 10º aniversario. Mesmo en algún partido, por primeira vez en moito tempo, non se colga a pancarta no Fondo Norte. Pero o destino non estaba dacordo, e trala mellor temporada na historia do C.D.Lugo acádase o título de Liga e conséguese tocar cos dedos o ceo da Segunda División. Entra moita xente no grupo, con moitas ganas, e pese ó varapalo de non lograr ascender os ánimos non decaen e actualmente pódese decir que as Brigadas están no mellor momento dos seus 10 anos e medio de vida.





















1 comentario:

  1. Me parece increible la afición y el ambiente en el campo. En las fotos se ve un verdadero infierno y sería bonito estar en un campo así animando a tu equipo, y más cuando son equipos pequeños que lo único que tienen a su afición y hay que estar con tu equipo lo máximo posible.

    ResponderEliminar