Os Riazor Blues fundáronse en 1987 nunha viaxe a Vigo para se enfrontar nun partido de fútbol o Dépor co Celta. Semella que nesta viaxe, un xornalista de La voz de Galicia denominou ao grupo de persoas que se desprazaban en tren a ver este partido de liga de Segunda División como Riazor Blues; de aí viría o nome do grupo que nese momento se estaba a formar. Por aquel entón o Deportivo estaba en Segunda División e o seu estadio carecía dun grupo forte de seareiros, para alén dalgunhas agrupacións pequenas como Barrio Sésamo.
Os
Riazor Blues aparecen tipificados como grupo ultra no
libro Radiografía
dos grupos ultras en acontecementos deportivos,
publicado polo Ministerio de interior. Segundo o informe, este grupo
está formado por 1.000 simpatizantes (aínda que realmente conta
cuns 5.000), entre os que hai “un apreciable grupo de red skins”.
A corrente principal do grupo é antifascista, o que carrexou
numerosos altercados con grupos ultras de ideoloxía de extrema
dereita. Numerosos tamén foron os altercados cos seareiros do Celta
de Vigo e do Compostela.
A
peña conta con diferentes grupos denominados seccións, as máis
destacables son: Beer Firm, Galiza, USA, Los Suaves e Arsenio.
O
membro do grupo Riazor Blues e dirixente da sección Los Suaves,
Gabriel Rodríguez Pérez, foi responsabilizado do homicidio de
Manuel Ríos, quen supostamente recriminara ao primeiro por unha
malleira colectiva contra un afeccionado do SD. Compostela. Debido a
este incidente e a posterior represión policial, a peña coruñesa
decidiu autodisolverse, aínda que non moito tempo despues decidiu
volver á actividade, cando o único acusado do asasinato de Manuel
Ríos foi declarado inocente e absolto de todos os cargos.
Os
Riazor Blues están hermanados con Biris Norte, a peña ultra da
afición Sevillista.Tamén están hermanados có Kolectivo Sur, e
manteñen boas relacións con Bukaneros (ultras do Rayo
Vallecano),Symmachiarii do Real Oviedo, a peña ultra do Xerez CD. Os
Biris Norte tamén están irmanados có Kolectivo Sur. Os seus
principais rivais son, sobre todo, os Celtarras do Celta.
Tamén os Supporters Gol Sur do Betis , os Ultras Sur do
Real Madrid C.F., os Ultra Boys do Real Sporting de Xixón e os
Ultras Yomus do Valencia C.F.
No hay comentarios:
Publicar un comentario