viernes, 9 de mayo de 2014

FENDE TESTAS

Na primeira metade da década dos 80, prodúcese no estado español o grande auxe dos grupos de siareiros organizados, que apareceron imitando aos que xa existían dende facía anos atrás na Inglaterra ou Italia. Serían grupos desmarcados do resto de siareiros dos seus respectivos equipos pola súa animación, colorido, e, en moitos casos, violencia amosada. Compostela non foi allea a todo isto, e nos comezos dos anos 90 naceron as Brigadas Radikáis e os Compos Tolos, e a mediados, concretamente no 1994, nace Hooligans Fende Testas.
A xa histórica rivalidade entre Santiago e Coruña, provocou que no seo do fútbol o seu principal rival foxen os siareiros da Coruaña, os Riazor Blues, ultras doDeportivo da Coruña. Os Fende Testas están confraternizados cos Celtarras, que son os hooligans do Celta de Vigo, e, en xeral teñen unha gran amizade cos equipos e cas afecións hooligans Éuskaras, xa que a maioría son afecións de carácter nacionalista Éuskaro/Independentista que loitan pola independencia deEuskal Herria ao igual que Fende Testas pola de Galiza.
Estas afecións son: Mujika Taldea, hooligans da Real Sociedad ou Iraultza 1921, hooligans do Deportivo Alavés. Pero destaca principalmente a amizade con Herri Norte Taldea, os hooligans do Athletic Club. Dentro da Galiza destaca a amizade con Ouligans, hooligans do CD Ourense.
Os Fende Testas teñen simpatía por afecións de carácter antifascista e marxista/comunista, como son os siareiros do FC St. Pauli (equipo coñecido en todo o mundo por ser o único de carácter antifascista, antiracista e antisexista), a Curva Nord siareiros do Livorno, ou Green Brigade siareiros do Celtic de Glasgow.

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Un grupo de aficionados de la SD Compostela decidieron fundar en el verano del año 1995, la peña Fendetestas, con el objetivo de apoyar y animar al equipo.
    Desde su creación, los “fendestestas” acompañaron al conjunto santiagués por todo el territorio gallego. En la actualidad, Fendestestas se está esforzando en conseguir que antiguos aficionados del Compostela vuelvan de nuevo a San Lázaro para lograr, entre todos, llevar al club a la categoría que se merece.

    ResponderEliminar
  3. "El problema es la estrella" ou "Vuestro problema es que mezcláis fútbol y política" forom algumhas das lindezas que tiverom que escoitar as siareiras e siareiros do Celta que acudirom o sábado 20 de outubro ao Bernabéu para ver o jogo da sua equipa portando estreleiras, e que criticavam duramente a atitude da seguridade do estádio, que os tratou agresivamente e ameazando com expulsá-los depois de terem pagado quarenta euros mais a viagem polo simples facto de levar a bandeira do seu pais.

    ResponderEliminar